A corte das vacas
A
corte das vacas. Cuando taban as vacas na corte había
ua capa gorda de abono ie de estrume que chegaba hasta
a mita da escaleira, a escaleira da corte nunca se limpaba
ben, deixábase chea de abono pre que as vacas nun
se mancaran cuando subían ou cuando baxaban. O
ganado entraba sempre pola porta principal da casa, a
portada do fondo namais se abría pre sacar o abono.
Agora na corte conservamos os peselbres das vacas ie aproveitamos
esta dependencia para guardar ie mostrar as ferramentas
de labrar a terra (antes guardábanse debaxo do
horro): o arado romano, o arado de ferro (chamado de vertedera),
os carros do pais, os xugos, as albardas dos cabalos,
a coroza, a coladeira etc. Tamén temos ua vitrina
na que se atopan pequenos obxetos ie libros que pertenceron
á familia.