Orixe e historia
As
pallozas son a herencia máis directa das vivendas
castrexas porque tan costruídas cos mismos materiales
(parede de pedra, armación de madeira ie cuberta
de palla) ie tein ua disposición interior similar
a aquelas; poderíase dicir que representan a evolución
das costruciois dos castros pois con respecto destas aumentou
o tamaño ie mellorou a distribución interior;
esta evolución debeu tar condicionada polo paso do
tempo ie pola adaptación da vida ás condiciois
climáticas da alta montaña.
É imposible precisar a época exacta da costrucción
da casa esí cómo a do asentamento humano en
Piornedo ie supoise que se irían facendo ampliaciois
sucesivas das casas en distintas épocas asta chegaren
ás dimensiois actuales; úa das referencias
documentales mais antiguas do lugar é o Catastro
do Marqués da Ensenada que as denomina pajazas ie
menciona as que existían en Piornedo eili polo ano
1850, as personas que habitaban en cada úa delas
ias súas dimensiois, que rondan as oito ou nove varas
de frente por outro tanto de fondo.
O documento máis antiguo que temos da casa do Sesto
é o testamento de Pedro Alonso en 1773 no que lle
lega ó seu fillo Santiago Alonso o seu patrimonio
(que heredara do seu padre ie abuelo), entre o que destaca
úa casa de nove varas de frente por nove de fondo,
que son aproximadamente as dimensiois actuales.
Tuvo habitada hasta 1970, do 1970 hasta o 1989 foi utilizada
como corte pro ganado ie como dependencia auxiliar pros
traballos agrícolas, pero mantuvose a súa
distribución interior orixinal; polo ano 1989 costruímos
úa corte moderna polo que a palloza perdeu esa funcionalidá
orixinal.
En abril de 1989, dispois dun importante traballo de limpeza
ie de organización dos distintos espacios, cun total
respecto ó seu uso orixinal, abriuse ó público
o museo con dous obxectivos fundamentales: por un lado que
os visitantes pudesen conocer este tipo de vivendas ia forma
de vida das familias nesta zona de alta montaña ie
por outro que os ingresos das entradas serviran pre manter
o inmoble.
No ano 2008 obtuvo o reconocemento da xunta de Galicia como
colección visitable.
Características
As pallozas son costruciois circulares de pedra, con
cuberta cónica de palla de centeo, adáptanse
ás necesidades dos habitantes io medio dua forma
totalmente harmónica, mantein úa temperatura
interior costante (entre 15 e 18º), grazas á
capa de medio metro de palla que recubre o teito, impermeable
ie illante, tan distribuídas en función
das necesidades ie construídas con materiales propios
da zona.
A cuberta (teito) é de palla de centeo, a cal recibe
o nombre de colmo desde que ta escollida ie preparada,
cada ano débese teitar un cacho pre que o mantemento
sea mais endoado ie que o deteioro sea progresivo ie nun
empece a chover por toda a casa dafeito. Cumple ua función
mui importante na conservación da casa o fumo da
cociña, que se acumula na parte superior (non hai
chiminea) ie vai salindo pouco a pouco por entre a palla:
quítalle a humedá á palla, protexe
a madeira da traza grazas a úa capa de sarrio que
se vai pousando na madeira, nun deixa que os ratos aniden
no teito...
As ferramentas que se expoin no museo son da casa, non
se fizo un traballo de recompilación, en todas
as casas había mutias ferramentas pros distintos
traballos, pre garantizar a autosuficiencia ie pre manter
ocupada a toda a xente da casa.
Actualmente é a única visitable que mantén
a estructura interior sin modificaciois nin alteraciois.
Convén aclarar que a distribucción das casas
era mui parecida: a cociña no medio, a cote das
vacas na parte de abaxo, cotellos, a alcoba...
En cuanto á denominación hoi chamamoslles
pallozas pero é un nombre que veu dafora porque
cuando deixaron de ser as nosas casas pasamos a chamarlles
“a casa vella de fulano...”, parece un nombre
mais entrañable pras costruciois que nos deron
acubillo ie calor de fogar durante séculos.