galego español english

 


Pequeno museo, de titularidade privada, localizado no lugar de Piornedo de Ancares, a 1200 m. de altitude e no que se pretende amosar a forma de vida e as vivendas tradicionais da zona: as pallozas.

No museo existen distintas ferramentas e aparellos que foron usados pola familia, pero o máis importante é o propio edificio, unha palloza, que foi a vivenda habitual dos propietarios ata o ano 1.970. As pallozas son construccións circulares de pedra, con cuberta cónica de palla de centeo, teñen orixes prerronanas (pola forma e materiais, similares ós utilizados fai mais de 20 séculos), adaptanse ás necesidades dos habitantes e ó medio dunha forma totalmente harmónica, manteñen unha temperatura interior constante e estan distribuidas en función das necesidades.

No ano 2007 a palloza-museo Casa do Sesto obtivo o recoñecemento da Xunta de Galicia como colección visitable, de contido etnográfico, ao amparo do disposto na Lei 8/95 do patrimonio cultural de Galicia, avalada polo Consello da Cultura Galega e polo museo do Castro de Viladonga.

Palloza-museo Casa do Sesto, Piornedo, Cervantes, Ancares, Lugo, Galiza, España